CRTVG

Buscar

Reabre sen restricións toda a fronteira entre España e Portugal

Publicado o 30/06/2020 21:02

A que é a fronteira máis longa de Europa, a que separa España e Portugal, leva pechada desde o 17 de marzo, salvo en nove puntos onde se permite o paso xustificado. Está previsto que abra por completo este mércores. Será dez días máis tarde de cando abriron o resto das fronteiras do espazo Schengen.

A reapertura será nun momento en que hai certa preocupación por un aumento de casos positivos de coronavirus en Portugal. Polo que vemos nas dúas partes da fronteira, a xente que vive ou traballa entre os dous países, agradece que haxa libre circulación.

Saímos de España cara a Portugal por Salvaterra do Miño. Na parte española a Policía Nacional controla os coches que entran desde o país luso. Na parte portuguesa, os axentes lusos controlan tamén as entradas no seu país.

Un documento de identidade, ou un xustificante de traballo son válidos para pasar a fronteira, que leva pechada tres meses e medio. Iso dificulta a vida diaria de moitos dos que teñen que cambiar de país con asiduidade.

O un de xullo está previsto que reabran por completo todos os pasos fronterizos entre España e Portugal, nun momento en que no país luso, sobre todo na parte de Lisboa, hai unha repunta de casos de coronavirus. Portugal é o segundo país de Europa con maior número de contaxios por número de habitantes neste momento.

Noticias web

30/06/2020