CRTVG

Buscar

Ryanair suspende a conexión Santiago-Londres ata febreiro

Publicado o 07/01/2021 15:28

A aeroliña Ryanair decidiu suspender a partir deste sábado a conexión internacional con máis demanda deste aeroporto, a que conecta Santiago con Londres. Trátase dunha cancelación temporal, xa que o motivo son as novas restricións e o confinamento decretado en Reino Unido para tentar frear os contaxios. A escaseza de viaxeiros e os riscos levaron a compañía a tomar esta decisión.

En principio, os voos retómanse o 2 de febreiro, aínda que é posible que a compañía reaxuste a súa programación en función da demanda e da evolución da pandemia, de feito esta conexión xa estivera cancelada entre os meses de novembro e decembro.

 

Noticias web

07/01/2021