CRTVG

Buscar

Ryanair regresará ao aeroporto de Vigo con catro voos semanais con Barcelona

Publicado o 25/05/2021 19:18
Ryanair regresará ao aeroporto de Vigo con catro voos semanais con Barcelona

Ryanair confirmou que regresa a Peinador. A aeroliña irlandesa de baixo custo comunicou que a partir do 31 de outubro contará con catro voos semanais con destino Barcelona para o que xa ten os billetes á venda na súa páxina web. Ryanair deixou de operar desde a terminal viguesa en 2019 por desacordos co concello. De momento descoñécese se recuperará os outros destinos que tiña daquela, entre eles Dublín, Edimburgo e Milán.

Noticias web

25/05/2021