CRTVG

Buscar

Ryanair reforza os voos desde Santiago e incorpora Roma e Zaragoza como destinos

Publicado o 06/02/2020 15:20

A partir de xuño, Ryanair sumará un segundo avión, un Boeing 737, á súa base do aeroporto da Lavacolla e ampliará as súas liñas para conectar Santiago con Zaragoza e Roma.

A compañía irlandesa elevará a 16 os seus destinos directos, 5 deles internacionais, e aumentará a 87 as saídas semanais desde A Lavacolla, conectando coas Canarias, abrindo esas dúas novas rutas e reforzando outras catro. Os novos voos a Zaragoza e Roma sairán luns e venres. Ryanair moveu o ano pasado un millón douscentos corenta mil pasaxeiros desde A Lavacolla e dispútalle o liderado dos voos de baixo custo na Lavacolla á compañía Vueling.


 

Noticias web

06/02/2020