CRTVG

Buscar

Ryanair pídelles aos seus usuarios que non fagan colas na zona de embarque

Publicado o 30/06/2020 09:56

A companía Ryanair pídelles aos seus usuarios que non fagan colas na zona de embarque, dentro das normas para maior seguridade sanitaria nas viaxes.

Xa dentro do avión, a liña aérea irlandesa de baixo custo prohibe que se forme cola para acceder ao aseo. Só venderán alimentos preenvasados e haberá que pagar con tarxeta. Ryanair pide que cada viaxeiro chegue ao aeroporto coa tarxeta de embarque. Tamén recomenda minimizar a equipaxe e mercar o embarque prioritario, que supón un custo adicional para o usuario.

Noticias web

30/06/2020