CRTVG

Buscar

Ryanair ofrece voos gratis para recuperar pasaxeiros

Publicado o 24/09/2020 15:58

As compañías aéreas tentan superar a asfixia das perdas causadas pola covid-19. Fano buscando fórmulas para atraer os viaxeiros. Unha das últimas estratexias é a de ofrecer voos gratis.

Foi Ryanair a que por primeira vez na historia da liña aérea irlandesa promove as vendas facendo un dous por un. Mercando un billete regalan outro, nunha medida que pretende paliar dalgún modo os efectos da crise sanitaria sobre o seu mercado.

A venda está dispoñible ata as doce da noite para viaxes ata mediados de decembro.

Ryanair anunciou outra redución das operacións en España no mes de outubro de ata un 20% que se sumou á que xa acometeran en agosto. Sobre esta redución dun 40% en total confían en que a ocupación chegue a un 70%.

Noticias web

24/09/2020