CRTVG

Buscar

Ryanair deixará de operar a ruta Santiago-Frankfurt en outubro

Publicado o 25/06/2019 09:28

Ryanair deixará de operar a ruta entre Santiago e Frankfurt dende o 26 de outubro. Actualmente, a liña aérea irlandesa cobre a ruta tres días á semana. A súa cancelación prodúcese despois de 15 anos sostida con axudas da Xunta e do Concello compostelán, e dous anos despois de que a liña aérea alemá Lufthansa chegara a Santiago para levar a cabo outra ruta con Frankfurt en competencia coa de Ryanair, e que agora seguirá en solitario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019