CRTVG

Buscar

Ryanair pecha a súa etapa en Vigo, despois de 40 meses

Publicado o 07/05/2019 09:20

Ryanair pecha a súa etapa en Vigo, despois de corenta meses.

As negociacións entre a liña aérea e o Concello rompéronse a primeiros de ano. Segundo o Goberno local, a liña aérea chegou a pedir o triplo de axudas que no convenio anterior, un incremento de prezo que rexeitaron dende o concello. A liña aérea anunciou entón o abandono do aeroporto vigués, que hoxe se fai efectivo.

Dende o mes de abril xa non operaba a conexión diaria con Barcelona e agora rematan os enlaces con Londres e Dublín, que se trasladan aos aeroportos de Santiago e O Porto, respectivamente.

Ryanair comezara a operar en Vigo en xaneiro de 2016, máis de tres anos en que transportou máis de 600.000 viaxeiros nas cinco rutas operativas dende e cara a Peinador. 

Noticias web

07/05/2019