CRTVG

Buscar

Uns 14.000 pasaxeiros están afectados en España pola folga dos pilotos de Ryanair

Publicado o 11/08/2018 09:53

A folga dos pilotos de Ryanair obrigou a cancelar 82 voos nos aeroportos españois. Hai 14 mil pasaxeiros afectados por esta folga que fan conxuntamente os pilotos de Alemaña, Bélxica, Suecia, Irlanda e Holanda. 

En España os aeroportos  mais afectados son os de Alacante, Palma de Mallorca e o de Madrid, pero a folga obrigou a cancelar voos noutros 11 aeroportos españois, ningún deles en Galicia. En toda Europa canceláronse case 400 voos cancelados e hai 67 mil pasaxeiros, segundo os cálculos dos sindicatos. A compañía di que a pesar da folga, o 85 por cento dos voos programados operan con normalidade. A de hoxe é a segunda folga en menos de un mes dos traballadores de Ryanair, que protestan polas condicións laborais da aeroliña de baixo custo máis importante de Europa.O paro é o primeiro que fan de manera conxunta pilotos de varios países.

O aeroporto de Alacante, con 14 voos cancelados, e o de Palma de Mallorca, con 12, son os mais afectados en España pola folga de pilotos de Ryanair.

A folga  en Irlanda, Alemaña, Suecia e Bélxica obrigou a cancelar 400 voos en toda Europa, 82 deles con orixe ou destino en aeroportos españois. Segundo os sindicatos, hai 14 mil pasaxeiros afectados. A compañía asegura que a maioría deles foron reubicados noutros voos.

Ryanair asegura que a pesar da folga operará con mormalidade o 85 por cento dos voos programados para hoxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2018