CRTVG

Buscar

Rutas para mellorar a sáude e coñecer o territorio en Pontevedra

Publicado o 26/04/2021 13:33

Combater o sedentarismo e fomentar hábitos de vida máis sans é o obxectivo das Rutas saudables, unha iniciativa da Asociación Contra o Cáncer en colaboración cos concellos de cidades como Ferrol ou Pontevedra. Para respectar as restricións pola pandemia, cada grupo está integrado por seis persoas e mais un voluntario da asociación.  

Rebeca Castro, Asociación Española Contra o Cáncer: "Que non se sinta ninguén só, que ninguén quede na casa por non ter con quen saír. Ademais de animalos a saír, queremos que sexa un paseo agradable, que pasen un bo momento, que coñezan xente e mesmo decatámonos de que serve a moitos para coñecer máis o territorio onde viven. Cúmprense moitos obxectivos cunha soa acción".

Son traxectos dunha hora ou de hora e media. Normalmente xúntanse no centro da cidade e, no caso de Pontevedra, van ata a xunqueira de Alba. É o percorrido principal, pero pode variar. 

Rebeca Castro,  Asociación Española Contra o Cáncer: "É para que non sexa aburrido, que poidamos ir variando, que non sempre sexa igual. Contamos con colaboradores que nos acompañan en rutas puntuais para dar unha charla. Queremos que sexa unha actividade completa".

Para vencer a preguiza, está previsto unha recompensa para as persoas que fagan dezaseis rutas dun total de vinte.

 

Noticias web

26/04/2021