CRTVG

Buscar

Ruta do wolframio e os fuxidos en Trevinca

Publicado o 19/05/2019 15:30

Coñecemos agora unha ruta, 23 quilómetros dende a Veiga a Casaio, que permite descubrir a historia das minas de Wolframio e dos maquis.Iso si, un roteiro para xente afeita a camiñar pola alta montaña, Trevinca acolle o pico máis alto do país.

Destas montañas de Trevinca sairon moitos quilos de wolframio cara a Alemania nazi durante a Segunda Guerra Mundial. Foron ademais acubillo dos guerrilleiros, como testemuñan os refuxios que empregaban, hoxe en ruínas.

Unha ruta de 23 quilómetros de alta montaña permite agora achegarse a estas historias.

Cholo Fernández Club de Montañismo Montañas de Trevinca

 Era o momento en que despois de dez horas camiñando chegaban a Casaio as vinte persoas que participaron nesta ruta que acada puntos de altitude de 1.900 metros, preto do pico Maluro.

Valor histórico e como non, paisaxístico e medioambiental.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2019