CRTVG

Buscar

Rusia urxe a UE a aprobar a súa vacina

Publicado o 05/04/2021 20:54

Expertos europeos viaxarán a Rusia esta mesma semana para analizar in situ a vacina Sputnik. Moscova anuncia a misión da Axencia Europa do Medicamento e contaría tamén co apoio de Hungría, Alemaña, Francia ou Eslovaquia para que a Unión Europea autorice o fármaco canto antes

A Axencia Europea do Medicamento non confirma o día da viaxe a Rusia. Pero agárdase a que a finais de semana os seus inspectores desembarquen nos centros de investigación da vacina Sputnik-V.

Queren coñecer in situ as condicións de fabricación, e tamén os ensaios clínicos realizados para comprobar a súa eficacia do 92 %. A EMA non ten unha data prevista para autorizala.

Unha situación en que tamén están as vacinas da alemá Curevac e da estadounidense Novavax. Esta última pode ser aprobada nas vindeiras semanas. Parte da súa produción en Europa sería grazas á farmacéutica pontevedresa Biofabri.

 

Noticias web

05/04/2021