CRTVG

Buscar

Rusia responde aos EUA coa expulsión de dez diplomáticos e sancións

Publicado o 16/04/2021 18:20
Rusia responde aos EUA coa expulsión de dez diplomáticos e sancións

 Rusia anunciou hoxe que expulsará dez diplomáticos estadounidenses en resposta a unha decisión similar adoptada a véspera polos Estados Unidos a causa da ciberespionaxe rusa e a inxerencia en Ucraína. Ademais, o ministro de Exteriores ruso, Serguéi Lavrov, precisou en conferencia de prensa que Moscova elaborará unha lista negra de oito funcionarios e adiantou outras sancións contra fundacións e organizacións estadounidenses que asegura interferen nos asuntos internos de Rusia. 

Noticias web

16/04/2021