CRTVG

Buscar

Rusia comezou unha "campaña de vacinación masiva" contra a covid-19

Publicado o 05/12/2020 21:02

Rusia adiántase á Unión Europea na vacinación contra a covid-19 e desde hoxe xa a está administrar na súa rede sanitaria.
Trátase da vacina Sputnik V, de fabricación nacional, e este sábado comezaron a poñela en setenta centros sanitarios de Moscova. Como as vacinas de Pfizer e Moderna, necesita dúas inxeccións. As autoridades rusas aseguran que axiña terán listos dous millóns de doses. Aquí a terceira idade non é prioritaria no proceso de vacinación e esta primeira fase está destinada a persoas de entre 18 e 60 anos.

Noticias web

05/12/2020