CRTVG

Buscar

Rumbo ao Gran Sol para ser patrón ou mecánico

Publicado o 07/02/2019 16:02

Para algúns é a súa primeira toma de contacto cun barco. Son os 18 alumnos da FP dual que forma mandos na Universidade Laboral da Coruña e que xunto co Porto de Celeiro puxeron en marcha un proxecto pioneiro para que os estudantes coñezan de preto o seu futuro traballo.

Pincheiros coma este de Celeiro converteranse dende marzo ata agosto no seu posto de traballo e tamén na súa casa. Traballando man a man cos tripulantes dos buques adquirián os coñecementos non escritos dun sector tan tradicional coma o da pesca, que busca atraer xente nova para poñer freo aos problemas de remuda xeracional.

Noticias web

07/02/2019