CRTVG

Buscar

Josep Rull asegura que non se destinaron cartos públicos ao referendo

Publicado o 20/02/2019 19:47

Nova xornada do xuízo ao procés.  O que fora conselleiro do Territorio, Josep Rull, cuestionou a autoridade moral do Tribunal Constitucional e asegurou que a declaración de independencia só foi "politica e formal". Pola tarde, Dolors Bassa negou tamén que co referendo se pretendese chegar á independencia.

A que fora conselleira de Traballo e Asuntos Sociais da Generalitat negouno todo. Dela dependían os centros cívicos onde se votou, pero Dolors Bassa só lembra que a fin de semana do 1 outubro houbo unha cantidade excepcional de peticións para celebrar actividades sociais. O referendo, dixo, nunca foi un acto concluínte para a independencia.

Tamén o ex-conselleiro de Territorio, Josep Rull mantivo, pola mañá, a mesma liña de defensa. Non se destinaron cartos públicos ao referendo, a declaración de independencia foi "política e formal",e cuestionou a lexitimidade do Tribunal Constitucional.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019