CRTVG

Buscar

Esquerra zanxa co PSOE os vaivéns sobre a mesa de negociación

Publicado o 31/01/2020 16:36

Esquerra Republicana cre que o Goberno non actuou de mala fe. Din que tiveron que lembrarlle a Pedro Sánchez que só apoiarán os presupostos se hai negociación con Cataluña. E aseguran que con iso chegou para que cambiara de postura.

Rufián asegurou que non é unha ameaza, "creo que é de primeiro de política: se non se cumpren os acordos é complicado seguir adiante", engadiu.

Desde o PSOE réstanlle importancia á rectificación do Goberno.

Simancas indicou que lles dixeran que había que seguir falando e engadiu que o seu Goberno era "o do diálogo".

Na Generalitat o cambio de postura failles dubidar das intencións do Goberno.

Meritxell Budó, portavoz da Generalitat di que a situación lles crea "unha certa desconfianza".

Agardan despexar as dúbidas o próximo xoves, na xuntanza entre Pedro Sánchez e Quim Torra, que, xa se sabe, será ás doce da mañá no Palau da Generalitat.

 

 

 

 

 

 

Noticias web

31/01/2020