CRTVG

Buscar

Rueda pide en Bruxelas que non se reduzan os fondos europeos para Galicia

Publicado o 08/10/2019 14:54

Estes días celébrase en Bruxelas a Semana Europea das Rexions e Cidades, un encontro en que tamén participou o vicepresidente da Xunta e onde aproveitou para reclamar que Galicia reciba o vindeiro ano os mesmos fondos de cohesións que nos últimos períodos.

O novo periodo económico que debarán afrontrar as rexións europeas perséntase incerto co BREXIT ás portas, por iso, o Vicepresidente da Xunta de Galicia reclamou en Bruxelas que non disminúan os fondos europeos que recibe a comunidade, ou cando menos que non o fagan de xeito abrupto, agora que se prepara un novo reparto.  

"Isto que nos dixo o director xeral déixanos un pouco máis tranquilos, xa que a dirección xeral velará para que non haxa esa reducción abrupta e ao mesmo tempo o que pediremos é que o Goberno de España tamén faga a sua parte, como fixo o Goberno anterior, complementando esta rede de seguridade, e que ao final o resultado sexa que Galicia non teña unha baixada no finanzamento, alomenos non unha baixada abrupta e non maior da que poidan ter outras rexións", di Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia. 

Rueda tamén destacou que o director xeral de Política Rexional da Comisión Europea recoñeceu que Galicia é unha das comunidades que mellor empregan eses fondos.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019