CRTVG

Buscar

Rueda lamenta que Fomento non fixe data para a mellora de 50 minutos no AVE

Publicado o 19/09/2019 20:57

A directora do Adif asegura que a alta velocidade vai chegar a Galicia nos prazos previstos, pero non dá unha data concreta. Isabel Pardo de Vera di que sería unha irresponsabilidade facelo porque pode haber atrancos técnicos que demoren a posta en marcha do AVE. Pero o vicepresidente da Xunta cre que se o Goberno central non dá unha data concreta, é porque se vai atrasar a chegada da alta velocidade a Galicia. Alfonso Rueda engade que, se é así, o Goberno galego actuará en consecuencia.

"Agardamos que esa información que requiriamos se nos poida dar canto antes. Se é así, terán a colaboración leal do Goberno da Xunta de Galicia. Se non fose así e empezase a haber atrasos non coñecidos e non explicados que é tanto como non anunciar prazos pois entón, loxicamente, a Xunta de Galicia tería que actuar en consecuencia", dixo Alfonso Rueda. 

Isabel Pardo de Vera, presidenta do Adif: "O investimento está feito. Está todo contratado. Por que este vitimismo de se chega ou non chega? Non hai ningún risco. Vai chegar, un mes arriba un mes abaixo, porque xa está todo contratado e todo en marcha".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019