Rueda inspecciona os exames para a Policía Local en Silleda
Publicado o 26/02/2021 17:56

800 aspirantes á Policía Local comezaron hoxe as probas en Silleda.
Inician unha oposición con varios cortes: este exame teórico e unha proba física. O vicepresidente da Xunta achegouse á Feira Internacional de Galicia, onde se realizan os exames, para comprobar o correcto desenvolvemento do proceso, coa aplicación das medidas anticovid.