CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Rueda entrégalles en Bos Aires as súas compostelas aos peregrinos arxentinos que fixeron o Camiño este verán

Publicado o 11/10/2015 14:50

O vicepresidente galego , Alfonso Rueda, entregoulles a Compostela os mozos de Bos Aires que este verán fixeron o Camiño de Santiago. Todos eles viaxaron ata a terra dos seus antepasados grazas ao programa da Xunta Conecta con Galicia.

50 mozos e mozas, todos eles descendentes de galegos e residentes na Arxentina recibiron en Bos Aires a súa ansiada Compostela, logo de facer o Camiño de Santiago durante este verán, grazas a o programa da secretaría xeral da Emigración, "Conecta con Galicia".

O vicepresidente da Xunta foi o encargado de facer entrega do certificado xunto ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez-Miranda. Rueda destacou cómo se vive a galeguidade na diáspora e o especial de poder entregar este recoñecemento na súa terra.

"Darlle aquí a Compostela e recoñecerlle o esforzo, aquí na súa cidade, creo que é moi importante e tamén para promocionar o Camiño", conta Alfonso Rueda, o vicepresidente da Xunta.

O documento, outorgado polas autoridades eclesiásticas ós peregrinos, certifica ter feito, alomenos, 100 kilómetros de ruta xacobea antes de chegar á ansiada praza do Obradoiro.

"Mucha emoción,el Camino fue muy largo, muy duro, así que recibirlo fue toda una emoción".

"Al hacer el viaje conocí familia que no conocía y fue muy grato".

Xa sexa con amigos, sós ou en familia todos agardan poder volver desfrutar do Camiño e da terra dos seus avós.

Case 1000 descendentes de galegos residentes no exterior tiveron a oportunidade de viaxar a Galicia para coñecer de preto a terra das súas orixes, grazas ó programa da Xunta, Conecta con Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí