CRTVG

Buscar

Rueda di que Galicia non vai renunciar aos 700 millóns que lle corresponden

Publicado o 20/09/2019 13:40

A Xunta non vai renunciar aos 700 millóns que, considera, lle corresponden do Estado. Di que xa están dispoñibles e que o Goberno só tería que transferilos cun decreto. Asegurouno o vicepresidente da Xunta na Televisión de Galicia e tamén comprometeu que non farán recortes.

"Se houbese déficit habería que achacarllo ao Estado e que se faga cargo del, porque é o que o provoca. Dende logo, o que non vai haber é recortes. A xente non ten por que soportar servizos públicos de peor calidade porque non nos dan uns cartos que existen e son nosos".

Rueda tamén lle pediu ao Goberno compromisos con data para a posta en servizo da alta velocidade.

"Podemos entender pequenos axustes técnicos nunha obra tan complexa. O que non entendería a xente é que se volva a deixar na indefinición cando o AVE podería estar funcionando. Estamos no final de obra e hai que empezar a concretar eses prazos".

Di que Galicia ten unha estabilidade política que descarta calquera adianto electoral e comparou a situación interna do PP coa doutros partidos.

"Esas desunións que teñen eles que aquí en Galicia se ven clarisimamente. O grupo de En Marea xa non é un grupo, son varios no Parlamento. O grupo socialista tivo tradicionalmente, sempre, ciclicamente, moitas leas internas. O Partido Popular non as ten".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019