CRTVG

Buscar

Rueda di que é difícil negociar cando os sindicados traen novas reivindicacións

Publicado o 13/03/2018 14:56

Comezou a sexta semana de folga indefinida dos traballadores galegos da xustiza, despois de que a xuntanza do venres pasado rematara de novo sen acordo entre sindicatos e Xunta. Os traballadores reafírmanse na decisión de manter o paro, e de non baixar dos 190 euros mensuais de suba salarial, fronte aos 105 da última proposta da Xunta. O vicepresidente do Goberno galego asegurou que é díficil negociar cando os sindicatos se descolgan con novas reivindicacións, pero que a última oferta do executivo está enriba da mesa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018