Rueda di que con declaracións de 'persona non grata' non se soluciona a cuestión de Ence
Publicado o 22/03/2021 16:50
Á declaración do conselleiro delegado de Ence como persona non grata en Pontevedra referíase este luns o vicepresidente primeiro da Xunta. Alfonso Rueda lembra que hai 5.000 postos de traballo en perigo, polo que a prioridade ten que ser que Ence non marche de Galicia.
"Se cren que todo se soluciona declarando persona non grata o responsable da empresa coa que hai que negociar, isto é non entender o problema. Existe un perigo certo de que Ence abandone a provincia de Pontevedra e Galicia, e temos que facer todo o posible para que isto non sexa así. Iso pasa, en primeiro lugar, por non aprobar a Lei de cambio climático coa redacción que ten actualmente", asegurou Alfonso Rueda.