CRTVG

Buscar

Rueda demanda empregar cartos do pacto de estado contra a violencia de xénero en mellorar puntos de encontro familiar ou oficinas de atención ás vítimas

Publicado o 04/05/2020 15:33

Celebrouse esta mañá a conferencia sectorial de Igualdade do Goberno coas comunidades. O vicepresidente Alfonso Rueda demandou que os oito millóns de euros do pacto de estado contra a violencia de xénero se poidan empregar en mellorar os puntos de encontro familiar ou as oficinas de atención ás vítimas nos xulgados.

A Xunta puxo en marcha durante o confinamento un plan de reforzo ampliando o bono de alugueiro social e os recursos de acollida.

Noticias web

04/05/2020