CRTVG

Buscar

Rueda cre que o Plan turístico nacional xacobeo é insuficiente para Galicia

Publicado o 19/06/2021 12:45

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou o Plan turístico nacional xacobeo que deu a coñecer o venres o Goberno central como insuficiente para Galicia, malia que enxalzou as bondades de que se creara este plan.

Ademais, lamentou que a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, presentara o plan en Oviedo cando o seu sería que o presentase en Galicia, a comunidade xacobea por excelencia e na que remata o Camiño.

Noticias web

19/06/2021