Rueda confirma a reapertura dos alguergues públicos a partir de xuño
Publicado o 13/05/2021 17:54
O levantamento do peche perimetral de Galicia permitiu esta semana unha reactivación do fluxo de peregrinos cara a Santiago.
O vicepresidente Alfonso Rueda anunciou en Lugo obras de mellora do Camiño Primitivo ao seu paso por ese municipio, nun treito perigoso que discorre pola estrada da Fonsagrada.
Ademais, confirmou a progresiva reapertura da rede de albergues públicos a partir de xuño. Segundo dixo, será en función do fluxo de peregrinos para non competir cos negocios privados.