CRTVG

Buscar

Rueda chama a vacinarse nas novas citas a todos os que aínda non o fixeron

Publicado o 28/08/2021 20:16

• O grupo de 12 a 19 anos disporá de 25.000 citas entre luns e martes, e os maiores de 20 anos, de 30.000 ocos para o venres 3 de setembro | O Sergas informa que xa deu unhas 10.000 citas

"Faise ese chamamento especial. O Sergas estará moi enriba deles para intentar que se vacinen. Ao final é unha decisión de cada persoa. Pero creo que se esas persoas que non se vacinaron, por moitas razóns, lle botan unha pensada se terán que dar conta de que é a mellor solución para eles e para os demais" .

 Por certo que desde este venres xa está aberta a autocita para todos os galegos, de calquera idade,  que aínda non se vacinaran. A cita pódese pedir na páxina web do Sergas, na aplicación móbil e tamén por teléfono. O luns e o martes hai 25.000 citas dispoñibles para os mozos de 12 a 19 anos. O venres tamén haberá ocos para os maiores de 20. O vicepresidente Alfonso Rueda facía un chamamento ás persoas que aínda non se vacinaron.

 

Noticias web

28/08/2021