CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Rueda celebra a Hispanidade cos galegos da Arxentina

Publicado o 10/10/2015 14:51

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, está a participar nas celebracións do día da Hispanidade en Bos Aires.
Unha viaxe institucional coa que a Xunta quere acompañar á colectividade da Galicia exterior nesta data.

O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración viaxaron a Bos Aires para celebrar cos expatriados galegos e os seus descendentes o Día da Hispanidade.

Esta visita permitiralles manter diversos contactos coa comunidade da diáspora, tan importantes para Rueda como os que viven día a día en Galicia.
O primeiro destes encontros, nunha recepción na Embaixada de España, onde o embaixador reiterou a relevancia da colectividade galega.

"Impensable la historia de Argentina sin la contribución de la emigración gallega".

Rueda participou no aniversario da Obra social Ospaña, que dá cobertura médica ós españois do exterior.

Neste contexto amosouse sorprendido pola polémica xurdida entorno ó hospital do Centro Galego de Bos Aires, logo de que a portavoz socialista de Emigración, Marisol Soneira, acusara ó goberno de propiciar a súa "liquidación".

"Agora, catro anos despois, alguén que non ten ningunha información o que quere é desinformar, pois están dicindo cousas que non son verdade".
Rueda destacou a importancia histórica do Centro Galego e enviou unha mensaxe tranquilizadora, pois todos os galegos seguirán tendo atención médica con Ospaña.

Estaba previsto que fose o presidente, Alberto Núñez Feijóo, quen viaxara á Arxentina. Rueda desculpouno e achacou a súa ausencia ós recentes cambios no goberno galego, os máis importantes dos últimos sete anos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí