Rueda asegura que a desecalada en Galicia será prudente
Publicado o 12/04/2021 14:59
O comité clínico reunirase este martes para adaptar as medidas de restrición á situación epidemiolóxica. O Goberno galego mantense prudente respecto á posibilidade de ampliar o toque de recollida ou abrir perimetralmente a comunidade.
O vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, asegura que a máxima prioridade é chegar ao verán cun número moi reducido de contaxios.