CRTVG

Buscar

Rubén Ruzafa, segunda medalla de prata para España, nos Mundiais de Multisport

Publicado o 30/04/2019 22:12

Rubén Ruzafa sumou a segunda medalla española en categoría elite neste Mundial. É a sétima medalla mundial para o malagueño, catro veces campión do mundo desta especialidade. Ruzafa, que acaba de superar unha lesión nunha man, chegou 30 segundos despois do francés, Arthur Foressier. O español chegou á meta con flato e moi afectado fisicamente despois de 1 quilómetro de natación, 30 de bicicleta de montaña e 7 de carreira a pé. Desde que debutou en 2013 nesta especialidade, Ruzafa leva 4 ouros e 3 pratas mundiais en tríatlon cros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/04/2019