CRTVG

Buscar

Rubén: "O Celta está nunha liña ascendente. Só nos falta encadear dúas vitorias"

Publicado o 26/11/2019 19:35

Despois da vitoria ante o Vilarreal, o Celta xa ten as olladas postas no partido ante o Valladolid deste venres. A praga de porteiros fixo que o adestramento de hoxe fose un pouco popurrí. Exercitáronse canda a Sergio Álvarez (único porteiro san do primeiro equipo), Fran Vieites, segundo do Celta B (o titular do filial tamén está mancado) e Brais Vázquez, o titular do xuvenil A.

Pola súa banda, Rubén xa fai carreira continua. Esta tarde entregáronlle o trofeo ao mellor xogador do mes de outubro. O de Mos falou sobre a súa inoportuna lesión: "Unha lesión sempre é fastidiada, pero dentro da gravidade e de estar obviamente doído por non poder estar cos meus compañeiros, coido que é unha lesión leve, que me vai levar poucas semanas recuperarme", asegura Rubén.

O gardameta ve unha clara mellora no Celta dende a chegada de Óscar García Junyent: "No partido do Camp Nou, sendo un partido moi difícil, xa amosamos unha mellora e a liña está a ser ascendente e conseguir 3 puntos nun campo difícil como o da Cerámica creo que nos vai axudar, sobre todo porque agora nos toca outro partido na casa e encadear dúas vitorias consecutivas creo que é o que nos falta". 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/11/2019