Rubén Fernández reivindícase no MXGP2 cun quinto posto en Trentino
Publicado o 01/11/2020 11:56
O piloto vigués Rubén Fernández reivindicouse cun quinto posto na primeira carreira do GP de Trentino de MXGP2. Fernández fixo unha gran saída e aguantou o ritmo dos mellores durante moitas voltas. Ao final perdeu uns 30 segundos con Olsen pero acadou o segundo mellor resultado da temporada.