CRTVG

Buscar

Rubén Fernández recupera as mellores sensacións no Mundial de MX2

Publicado o 25/10/2021 21:55

O motocrós deixounos esta fin de semana un mal día para Jorge Prado, afectado dunha fisura nunha vértebra, e unha xornada espléndida para Rubén Fenández, quen subiu ao podio na segunda categoría a MX2.

Terceiro posto para o vigués, un premio á súa regularidade. Rematou na cuarta posición as dúas mangas. Moi recuperado da súa lesión de ombreiro, Fernández volveu ao nivel co que comezara a temporada. É o terceiro podio para el no campionato.

Noticias web

25/10/2021