CRTVG

Buscar

Rubén Blanco estará entre 4-5 meses de baixa

Publicado o 09/07/2020 21:01

Malas noticias para o Celta. Rubén Blanco sufriu no partido do pasado martes ante o Atlético de Madrid o arrincamento completo do tendón directo do recto femoral dereito.

Esta lesión requirirá tratamento cirúrxico, que será realizado nos próximos días polo xefe dos servizos médicos do club Juan José García Cota.

O tempo estimado de baixa será de entre catro e cinco meses

Rubén non puido concluír o partido do pasado martes ante o Atlético de Madrid e tivo que ser substituído no minuto 80. Rubén Villar e Rosic serán os porteiros do Celta para acadar a permanencia. A liga comeza en setembro e espérase que tanto Rubén como Sergio reparezan en outubro.

Noticias web

09/07/2020