Rubén de la Barrera despídese do deportivismo a través das redes sociais
Publicado o 26/05/2021 20:26
Día de benvidas e tamén de despedidas no Deportivo. A de Rubén de la Barrera, quen a través de Twitter enviaba unha mensaxe á afección deportivista. Marcha orgulloso por adestrar o club dos seus amores e reivindica o esforzo para manter o equipo na categoría. Destaca en maiúsculas a palabra 'honestidade'. De la Barrera sempre negou que negociara coas Palmas, aínda que esa foi a causa que a directiva esgrimiu para retirarlle a confianza.