Rubén de la Barrera asegura que non tiña propostas doutros equipos
Publicado o 16/06/2021 13:10
De la Barrera fala sen rancor malia a sua saída do Deportivo. Acaba de fichar no Albacete, pero asegura que estando no Deportivo nunca negociou con outras entidades.
"Parece que falas dende o rancor e non hai rancor para nada. Son cousas do fútbol e todos os que estabamos alí sabemos o que pasou", relata o novo adestrador do Albacete.
"Non recibo proposta doutro equipo nin estaba estudando poposta doutro club. Moi ledo por poder ter a oportunidade de adestrar un histórico como o Albacete, independentemente de que o Deportivo é e seguirá sendo o equipo da miña vida", concluía De la Barrera.