Rubén Blanco: "Estamos moi ilusionados"
Catro días despois do desembarco de Eduardo Coudet na Madroa escoitamos as primeiras impresións do vestiario. Rubén Blanco destaca un aspecto por riba de todo.
Rubén: "Intensidade sobre todo. Estamos traballando con balón pero tamén correndo. Estamos traballando ben e moi ilusionados"
Non quixo dar a súa opinión sobre a destitución de Óscar García pero admitiu a parte de responsabilidade dos xogadores: "Nin debo dar a opinión nin a teño. Cousas do fútbol. Ós xogadores tócanos traballar mellor do que o estabamos a facer."
Rubén, que é un dos capitáns, da a entender que Hugo Mallo vai recuperar o brazal que lle dera o vestiario: "Cada comezo de temporada no vestiario eliximos os capitáns. Este ano estaba decidido, así que pola nosa parte está solventado o tema"
Cos pesos pesados contentos Coudet xa ten algo gañado mentres impón os seus esixentes adestramentos.