CRTVG

Buscar

Rubén Blanco empeza a adestrarse no céspede, dous meses e medio despois da lesión

Publicado o 25/09/2020 21:15

Rubén Blanco lesionouse hai dous meses e medio, no partido contra o Atlético de Madrid en Balaídos, cando quedaban tres xornadas para o final da liga. Rompeu o tendón do recto femoral, unha lesión muscular grave, que non lle permitiu volver pisar ó céspede ata agora. Rubén: Trátase de empezar a coller sensacións. Moi contento, feliz de volver tocar o balón e sentirme porteiro. Con paciencia pero vai todo moi ben. "
Rubén non pon data á súa volta pero o doutor Cota estima que tanto el como Sergio non estarán dispoñibles ata finais de outubro ou principios de novembro. Hai un par de semanas Oscar García tiña claro que necesitaba outro porteiro. "Necesitamos firmar a alguén. sso temos a Iván e é un risco"
Pero vendo a Rubén xa no campo e tras os dous primeiros partidos de liga, pode deixar de ser unha prioridade.
Rubén "Vexo o equipo moi sólido"
Mentres, Iván Villar gaña minutos en Primeira, quizais incluso máis alá de outubro ou novembro.

Noticias web

25/09/2020