CRTVG

Buscar

Rubén Blanco: "Creo que estamos máis que preparados, ogallá poidamos regalarlle a vitoria á afección"

Publicado o 14/08/2019 16:34

O vestiario celeste ten a ilusión de iniciar con acerto a campaña. Proba de altura o sábado co Real Madrid. Rubén Blanco será o meta titular. Rubén conta coa confianza de Fran Escribá e confía en realizar unha temporada diferente o ano pasado.

O Celta enfontarase ao Real Madrid con baixas importantes pero as sensacións son boas. Unha vitoria que aportaría confianza ao equipo tras unha pretemporada un tanto irregular. Tamén o foi a do Real Madrid aínda que Rubén réstalle importancia. As pretemporadas son periodos de probas.

Tamén debe mellorar o Celta para encaixar menos goles que a temporada pasada. Ese será un dos obxectivos do equipo.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019