CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Rubén Baraja: "O Lugo vainos esixir moito"

Publicado o 12/11/2016 21:37
O Club Deportivo Lugo buscará mañá ao mediodía no Anxo Carro ante o novo Raio de Rubén reencontrarse cun triunfo que se lle nega desde hai cinco xornadas. Cando menos, o empate en Oviedo do domingo pasado, rachou cunha xeira de tres derrotas consecutivas.



O rival de mañá chegará a Lugo nunha situación complicada, cun só punto conseguido a domicilio, quince en total, e con novo adestrador. Rubén Baraja substituíu a Sandoval para intentar enderezar o rumbo dun conxunto chamado a loitar polo ascenso a primeira. Antes da viaxe a Lugo, o Raio realizou unha última sesión de traballo. Baraja, que aspira a sacar o máximo proveito de todos os seus xogadores, fala do Lugo como un rival con fútbol e moi esixente.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí