CRTVG

Buscar

Rubén Albés: "Volveremos remar, volveremos sachar e levantaremos o partido"

Publicado o 29/04/2021 20:39

O Lugo recibe mañá na casa o Zaragoza, por diante seis finais onde o equipo xa non ten marxe de erro. Rubén Albés fala de ilusións renovadas na véspera de recibir os maños no Anxo Carro. O Lugo acumula 14 xornadas sen gañar, pero o míster confía plenamente nos xogadores. Tras o traballo da semana, percibe boas sensacións. A Albés non lle entra na cabeza outro escenario que non sexa o de gañar mañá o partido.