Rubén Albés volve apelar ao factor emocional para recibir o Xirona
Publicado o 08/10/2021 15:26
Manu Barreiro e Canella son dúbida
E o Lugo está pendente de Manu Barreiro.
Vanlle realizar a última proba. Tamén a Canella. É posible que Rubén Albés conte con ambos para medirse mañá ao Xirona. Coa idea de manter a portería a cero, porque o Lugo habitualmente marca. O Lugo de Rubén Albés apela o factor emocional.
"Somos un equipo que xoga con moitísima emoción e iso ven case sempre provocado pola afección. Se mañá conseguimos ese clima xogaremos cun máis", comentou o técnico en conferencia de prensa.