Rubén Albés seguirá no banco do Lugo unha temporada máis
Publicado o 11/06/2021 13:48
Tino Saqués manifestara onte que a renovación do técnico vigués era inminente

C.D. Lugo
Rubén Albés continuará como adestrador do Lugo.
O técnico vigués e o Lugo alcanzaron un acordo por unha temporada mais. Rubén Albes dirixiu ao Lugo sete partidos a campaña anterior logrando a permanencia na agónica final de Vallecas.
Trala fichaxe do director deportivo Mauro Perez e a renovación do adestrador comeza a planificación no Lugo do próximo curso.