CRTVG

Buscar

Rubén Albés: "O día que nos relaxemos seremos palmeira"

Publicado o 17/09/2021 15:39

E na segunda división, o Lugo xoga mañá en Cartaxena coa tranquilidade que outorgou o triunfo ante o Huesca. O gardameta Oscar Whalley, cunha leve lesión nunha man, é dúbida para o encontro.

Rubén Albés quere aproveitar a confianza que ofreceu o triunfo do luns pasado. En fronte un Cartaxena que chega a esta cita cos mesmos 6 puntos que ten o Lugo:

"Pero como imos relaxarnos? O día en que nos relaxemos seremos palmeira. A chave deste equipo está en competir todos os partidos ao límite. Facendo o outro día un gran partido e competindo así, gañamos 3-2 e uff...'", comentou na previa o técnico vigués. 

Noticias web

17/09/2021