Rubén Albés: "Estamos convencidos de que vai ser un día máxico"
Publicado o 14/05/2021 18:03
O Lugo xoga unha final co Mirandés mañá no Anxo Carro. Rubén Albés quere un día máxico e a presenza da afección contribuirá. Son 3 puntos vitais, a distancia coa permanencia é de 4. Non hai marxe de erro para os albivermellos. O partido mestura o emocional co futbolístico. Albés recupera a Xavi Torres e podería apostar por Gerard Valentín desde o principio.