Rubén Albés: "Agora comeza o bo e queremos sumar crentes ao equipo"
Publicado o 01/10/2021 15:31
Reto gordo para o Lugo en Leganés. Así o define Rubén Albés: "O mellor cadro de xogadores da categoría".
O Lugo que no seguinte partido na casa terá máis afeccionados animando, visita un favorito ao ascenso que ten un punto máis que o Lugo. O Leganés, con Iván Villar, na portería, gañou dous partidos seguidos. Co Amorebieta e co Mirandés.
"Comeza o bo, coa nosa xente empurrando. Queremos sumar creentes ao equipo", asegurou o técnico vigués.