CRTVG

Buscar

Rúas desertas nun Entroido sen Entroido

Publicado o 12/02/2021 21:28

Neste venres de Entroido, esta praza maior de Xinzo estaría ateigada de charangas e xente disfrada, celebrando o inicio dos días grandes do Entroido. Pero como ven, hoxe a praza está deserta. Só nos acompaña un meco que instalaron para non perder de todo a tradición, e ao que lle puxeron a obrigada máscara protectora, todo un símbolo destes tempos de pandemia. ENTRAN COLAS ARQUIVO As festas do Entroido están canceladas para evitar a expansión do coronavirus, e os concellos extreman a vixilancia para evitar xuntanzas clandestinas que poderían botar a perder o sacrificio da maioría.

Noticias web

12/02/2021