CRTVG

Buscar

Sánchez rectifica e acepta ir a un debate o 22 en RTVE e a outro en Atresmedia o 23

Publicado o 20/04/2019 09:38

Sánchez acepta finalmente participar nos dous debates, o luns na Televisión Española e o martes en Atresmedia, pero mantén a mesma opinión: que é unha anomalía. Din no PSOE que ceden ante o acordo dos outros tres candidatos e a posibilidade real de que non houbera debate ningún. Ao preguntárselle pola decisión, respondeu, durante un paseo, "que remedio!".

Hai menos de 24 horas defendía que só debatería na televisión pública e o martes, coincidindo co debate na privada. Televisión Española cambiou a data para ese día e agora teñen que recuperar a proposta do luns. Ciudadanos pide a dimisión da administradora única de RTVE.
Podemos aplaude o cambio de opinión de Sánchez e piden obrigar a debater por lei.

O PP cre que retifica obrigado pola oposición e por desgaste electoral. Será a primeira vez que hai dous debates presidenciais, dous días consecutivos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí