CRTVG

Buscar

Roubos nunha nave de maquinaria agricola do Corgo e no polígono das Gándaras

Publicado o 11/11/2019 14:34

Nada máis entrar nesta nave de maquinaria agrícola do Corgo a nosa ollada detecta o baleiro deste expositor. Aquí colgaban as seis motoserras das que se apoderaron os ladróns. Ferramenta profesional destinada a traballos forestais valorada algunha peza en 1.500 euros. Os ladróns forzaron a pechadura desta porta e en segundos fixeronse co botín.

Así o explicaba Gerardo López, o dono da nave enque roubaron: "Víronse na cámara, viñan cunha levita por debaixo do xeonllo, con capucha, con luvas, non deixaron rastro ningún. A porta rompérona co poste dun sinal".

Este tipo de ferramenta esta no obxectivo dos ladróns, hai só unha semana entraban noutra nave de Sarria na busca do mesmo. Engade Gerardo López: "Sempre motoserras, da primeira vez levaron tamén algunha rozadora. Levaron seis, algunha cun valor de 1.500 euros. Supoño que despois lles é doado colocalas no mercado".

A só 20 quilómetros, no polígono das Gándaras, as últimas horas foron movidas. Os ladróns intentaron entrar sen éxito en tres empresas. Nesta funeraria como se pode ver nas imaxes de seguridade o asaltante estivo ata unha hora tratando de reventar o cristal da cafetería. Así o relataba Jorge Balado, dono da funeraria: "Vese a unha única persoa, non se sabe se hai máis detrás nalgún coche esperando por el. Está forzando e intentando romper o cristal".

Aquí cren que o que busan os amigos do alleo é a recadación da máquina comecartos.

"Estas instalacións son o que son e dentro non hai nada de valor, como moito a recadación da comecartos", dixo Jorge.

Todos os establecementos contan con alarma, pero en ningún caso intimidou os ladróns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019